publicidade hoxe

O Mago Teto actúa en Laxe co espectáculo “As Tolemaxias”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Mañá, xoves 31 de xullo, terá lugar un novo espectáculo cultural na Praza de Ramón Juega ás 20 horas. Despois de ter pasado nos xoves anteriores por esta mesma praza o contacontos máxico titulado A Historia de Brancaflor con Fran Rei e o malabarista e mago cómico Roi Sixto, esta semana teremos unha actuación de maxia protagonizada polo MAGO TETO, titulada, AS TOLEMAXIAS.

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos seus espectáculos, nas Tolemaxias, o Mago Teto retorna á esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos anovadores tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación …) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla.

Esta menestra, ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e ilusións apto para todos os públicos.

30 de xullo de 2014 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.