O grupo mosense Nosa Terra de Pereiras viaxará a Portugal para participar en Folk Cantanhede

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Novamente o Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras (Mos) formará parte dun dos máis importantes festivais CIOFF de Portugal, onde compartirá cartel con grupos de Polonia, Rusia, Macedonia, Turquía, India, Marrocos e Portugal.

O festival auspiciado por CIOFF desenvolverase entre os días 4 ao 16 de Xullo na cidade de Cantanhede (distrito de Coimbra).

Nosa Terra fué fundado no ano 1981, formado por grupos de baile, gaitas, cantareiras e recentemente incorporouse un grupo de zanfonas e ao longo destes anos nutriuse de bailadores e músicos formados nas súas escolas. Durante estes anos Nosa Terra tivo a oportunidade de mostrar o seu traballo en diversos países.

O Grupo Nosa Terra ofrece un espectáculo que aproxima a historia dun pobo coas súas músicas e a alegres danzas tentando conquistar o corazón do espectador.

11 de xullo de 2014 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.