publicidade hoxe

O grupo de teatro afeccionado de Lousame estrea “Sopa… de radio” na Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLousame
A-
A+

O grupo municipal de teatro afeccionado do Concello de Lousame, que vén de escoller como nome artístico Tastarabás Teatro, estrea este domingo 20 de xullo a súa obra “Sopa… de radio”, unha divertida selección de historias moi diferentes que teñen lugar nun sitio común: un locutorio radiofónico. Unha actuación que terá lugar no auditorio da Casa de Cultura de Lousame, ás 21:00 horas. A entrada é libre e de balde.

“Sopa… de radio” está dirixida por Gustavo G. Dieste, quen explica que esta obra “é a visión particular duns cantos creadores e creadoras contemporáneos sobre a radio por dentro”. Unhas historias moi variadas, “algunhas realistas, outras fantásticas. Historias sarcásticas, críticas ou tenras; nostálxicas ou non. Sorprendentes e crueis. Inventadas ou inspiradas en casos reais… pero todas radiofónicas e teatrais á vez. A radio en escena…”, sinala Gustavo G. Dieste.

O elenco de actores de Tastarabás Teatro está integrado por Marisol Creo, Adriana Castro, Noelia González, Paula Moledo, Cayetano Pais, Ángeles Rial, Suso Tubío e Vanesa Tubío.

14 de xullo de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.