publicidade hoxe

O goberno galego incide na necesidade de que a reforma xudicial recolla as especificades da comunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal Portada
A-
A+
Alfonso Rueda na intervención en Bergondo

Alfonso Rueda na intervención en Bergondo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda incidiu hoxe na necesidade que a reforma xudicial recolla as especificades da organización xudicial galega e que se manteña un tribunal de instancia en cada unha das sete grandes cidades.

Alfonso Rueda participou hoxe nunha mesa redonda sobre “A valoración da proposta dunha nova organización territorial xudicial”, no marco da Escola de Verán do Poder Xudicial, que ten lugar estes días no Pazo de Mariñán, e que nesta edición esta centrado na reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

Rueda explicou que a Xunta presentou alegacións ao anteproxecto de Lei e fará todo o posible para que as reclamacións galegas sexan atendidas polo Ministerio de Xustiza. As alegacións tamén reclaman que exista flexibilidade na súa aplicación para que as propias autonomías teñan capacidade de definir o seu mapa xudicial, en coordinación co poder xudicial.

O vicepresidente da Xunta incidiu que a reforma proposta polo Goberno central é unha reforma necesaria e que é fundamental que teña en conta as nosas características xeográficas, sociolóxicas e administrativas, o que son as singularidades territoriais das nosa comunidade, ademais da rede de servizos e infraestruturas. Incidiu tamén nas inversións en materia xudicial xa realizadas polo goberno galego, xa que dende que Galicia asumiu as competencias de medios materiais en Xustiza leváronse a cabo 200 actuacións, das cales 20 son de nova construción ou grandes reformas.

Na mesma liña, o máximo titular de Xustiza do goberno galego indicou que esta reforma xudicial ten que servir para flexibilizar e coordinar mellor os recursos, afondar na especialización e mellorar na organización e nos procesos xudiciais, co fin principal de adaptar e modernizar a xustiza aos tempos actuais e garantir unha xustiza de calidade aos cidadáns.

Alfonso Rueda participou na mesa redonda xunto á secretaria xeral de Relacións ca Administración de Xustiza da Generalitat de Cataluña, María Josep Feliu; co consejero de Administración Pública e Xustiza, Josu Iñaki Erkoreka; co consejero de Administración Pública e Xustiza do goberno de Aragón, Roberto Bermúdez de Castro; ca secretaria xeral do Consejo Xeral da Avogacía Española, Victoria Ortega e co vocal do CGPJ, Enrique Lucas Murillo de la Cueva.

2 de xullo de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.