publicidade hoxe

O goberno galego aproba unha subvención de 3.500 euros para a Festa do Pan de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Festa do Pan de Neda, declarada de Interese Turístico de Galicia o pasado ano, recibirá unha achega de 3.500 euros por parte da Xunta de Galicia. Así o confirmou a institución autonómica ao Concello. Deste xeito, segundo puxo de manifesto a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, a Administración galega brinda unha colaboración fundamental na celebración dunha das citas gastronómicas máis senlleiras da Comunidade Autónoma. De feito, a Xunta concede así a cuantía máxima establecida no marco das subvencións a festas de interese turístico de Galicia.

A Festa do Pan de Neda celébrase, como é tradición, o primeiro domingo do mes de setembro. Nesta edición, será o día 7. E, como vén sendo habitual nos últimos anos, o escenario elixido é o entorno do Paseo Marítimo. Nos últimos tempos, o Concello fixo notables esforzos por promocionar esta cita. Sen ir máis lonxe, a Concellería de Turismo creaba unha nova marca corporativa coincidindo co seu 25 aniversario, celebrado o 2013. Tamén de xeito pioneiro, o cartel promocional saía dun concurso aberto á participación cidadá e ampliábase dunha xornada a todo o ano a posibilidade de realizar a Ruta dos Muíños, que brinda ao público a oportunidade de coñecer o proceso de elaboración do producto estrela de Neda.

7 de xullo de 2014 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.