publicidade hoxe

O goberno de Neda trasládalle á Xunta a súa oposición a calquera recorte no servizo de transporte metropolitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNeda
A-
A+

O goberno municipal de Neda que dirixe Ignacio Cabezón reiterou onte á mañá publicamente a súa oposición radical a calquer tipo de recorte nos servizos de transporte público encadrados no plan metropolitano. Unha postura que mantén invariable dende o ano pasado, cando xurdiron as primeiras informacións respecto a unha reducción de liñas. Nesta liña, o alcalde lémbralle ao PSOE de Neda que o transporte metropolitano non é competencia municipal, pero que aínda así sempre pelexou polo mantenemento ou mellora dun servizo básico para os veciños e veciñas, con independencia da cor política da Xunta, administración que ostenta as competencias. Coa intención de trasladar en primeira persoa a posición do goberno local, onte á mañá o concelleiro de Transportes de Neda, José Manuel Gradaílle, trasladábase a Santiago para manter, xunto co alcalde de Narón, José Manuel Blanco, unha xuntanza coa directora xeral de Mobilidade da Xunta, María del Camino Triguero Salas.

Ao remate da entrevista, Gradaílle criticou con dureza que a empresa concesionaria do servizo mantivese ao marxe aos concellos de Neda e Narón á hora de plantear as medidas que presentou no seu plan de viabilidade á Xunta de Galicia. Segundo esa proposta e de forma gráfica, a liña 12 pasaría de ter unha cadencia de 20 a 30 minutos no servizo das tardes. Ademáis, suprimiríase a liña 1B con destino ao Hospital Arquitecto Marcide os domingos –que, aínda que non pasa por Neda, si utilizan os seus veciños facendo trasbordo en Santa Cecilia. Unha situación que rexeita o goberno municipal de Neda e, por isto, solicitoulle á Xunta toda a documentación relativa a liñas, horarios e pasaxeiros para estudar e valorar unha a unha as liñas e estar en condicións de presentar as alegacións necesarias. En todo caso, o executivo municipal apunta que o convenio en materia de transportes asinouse para mantener ou mellorar o servizo nunca para empeóralo. E así llo trasladou o edil á directora xeral.

Así mesmo, o edil apunta que o Concello é consciente das dificultades económicas que atravesa a empresa e, por isto, o seu interese por establecer medidas consensuadas e viables, que favorezan o incremento de usuarios do transporte público para garantir así a súa viabilidade e o mantenemento do emprego. O concelleiro subliña de novo que o goberno municipal defenderá por todas as vías e cauces o mantenemento das liñas, encabezando se é preciso calquer tipo de protesta.

23 de xullo de 2014 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.