O goberno de Ferrol mellora o contorno de San Xoán coa eliminación do tapón urbanístico da rúa Río Xubia
O Concello de Ferrol eliminou o “tapón” urbanístico que existía na rúa Río Xubia, no barrio de San Xoán coa demolición dunha vivenda en estado ruinoso. Esta intervención responde a unha petición da entidade veciñal e permite avanzar na mellora da conexión deste barrio con Santa Icía. A eliminación deste tapón urbanístico súmase á reurbanización das rúas río Xubia, Herbosa e Fontemoura completada recentemente e que era unha das principais demandas dos veciños da zona.
A Concellería de Infraestruturas, Urbanismo e Contratación, que dirixe Guillermo Evia Pérez está traballando para completar a reurbanización da rúa Manuel Belando con Cabo Prior. O proxecto inclúe a dotación de beirarrúas e servizos básicos.











