O goberno de Cambre reordena o tráfico en O Amorne para mellorar seguridade viaria e gañar prazas de aparcadoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O goberno local de Cambre reordena o tráfico rodado en O Amorne, consistente na progresiva introdución de rúas de sentido único para obter máis espazo para aparcadoiros e mellorar así a seguridade viaria e o fluxo de vehículos. Así o sinalou o alcalde, Manuel Rivas, que  asegura que despois de varias propostas técnicas púxose en marcha unha nova reordenación que elimine os problemas de seguridade e de aparcadoiro que sofre o barrio cambrés. Algunhas das rúas que sufrirán modificacións no sentido do tráfico, como no caso de Martín Códax e a continuación de Abelleira, onde a promotora atópanse urbanizando a parcela na que estará situada o centro de saúde e a escola infantil, abriranse ao tráfico nas próximas semanas.

Sinala que varias das rúas de O Amorne mantiñan a dobre dirección a pesar da súa estreiteza, e outras dificultaban o aparcadoiro, polo que se optou por ordenar a maioría das rúas con sentido único e evitando na medida do posible os xiros á esquerda. Desta maneira, o tránsito polo barrio será moito máis fluído e haberá máis prazas de estacionamento, un problema grave que ten un dos barrios con maior poboación de todo o municipio. Tras a reordenación das rúas Abeleira, Martín Códax, Estanque, María Mariño, Estanque de Abaixo, Luís Pimentel, Francisco Añón e Telleiro gañaranse máis de medio centenar de prazas novas de aparcadoiro.

23 de xullo de 2014 | 16:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.