publicidade hoxe

O escritor Vicente Araguas presentará o seu último libro na Casa das Palmeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O escritor Vicente Araguas, fillo predilecto de Neda, elixiu a súa vila natal para presentar o seu último libro, titulado “No se llora con la boca llena (Como un verano en Neda)”. O acto, con entrada libre, terá lugar o próximo venres, 1 de agosto, na Casa das Palmeiras, a partires das 20 horas. A obra, en palabras do seu autor, é unha especie de dietario, lírico, claro, do verán do 2011. Escrito na súa casa natal, esta é a primeira protagonista. Os seus ances-tros, os seus amores, vivos e mortos, tamén están presentes. Poesía da experien-cia, sen dúbida, máis sempre á procura de coñecemento. E, sempre, como repite Araguas, sempre Neda. Acompañarán ao autor no acto o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo; Ba-silio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalion, e Chema Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e escritor.

28 de xullo de 2014 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.