O Defensor do Paciente solicita a intervención da Fiscalía na folga do lixo en Lugo
A Asociación El Defensor del Paciente solicitou a intervención do fiscal xefe de Lugo, Juan José Begué, no conflito da folga do lixo na capital lucense por converterse nun “perigo para a saúde pública”.
Segundo informou este venres a asociación, tras pasar máis dun mes dende o inicio do paro dos traballadores da concesionaria do servizo de recollida de lixo en Lugo, El Defensor del Paciente acode ao fiscal xefe porque entende “que se está a poñer en perigo a saúde pública dos cidadáns, fundamentalmente nenos, anciáns e enfermos”.
“É indispensable rematar con esta folga de inmediato por razóns de saúde pública como xa lle mencionamos, xa que os cidadáns non poden sufrir os preitos entre traballadores e empresas-administración, nada menos que poñendo en risco os seus dereitos”, sinala a asociación ao fiscal xefe de Lugo.
Por iso, indica que “en definitiva” lle solicitan “a súa intervención coa confianza en que se solucione este conflito”, segundo conclúe El Defensor del Paciente no escrito remitido a Begué.











