O Consello da Cultura Galega acollerá a presentación da biografía de Antonio Casares Rodríguez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

Ouvirmos presenta oficialmente a biografía de Antonio Casares Rodríguez mañá mércores, 9 de xullo, ás 12.00 horas no Consello da Cultura Galega en Santiago. Con este libro de María Luisa Losada Sanmartín, inauguramos a nosa nova colección de Biografías de científicos, unha serie dedicada a rescatar a vida e obra dos pioneiros que achegaron luz e progreso á nosa historia.

Antonio Casares Rodríguez, químico médico e farmacéutico, é o protagonista deste primeiro volume. O científico galego máis importante do século XIX.  Considerado como o pai da química moderna en Galicia, foi o primeiro en sintetizar o cloroformo co que se realizaron as primeiras cirurxías con anestesia no Estado. E conseguiu iluminar a noite santiaguesa ao encender a primera luz eléctrica con arco voltaico que funcionou a nivel estatal.

8 de xullo de 2014 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.