publicidade hoxe

O Concurso de Carteis da Festa do Pan de Neda rexistrou un total de 22 traballos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, informou esta mañá de que, finalmente, foron 22 os traballos presentados á segunda edición do Concurso de Carteis da Festa do Pan de Neda, declarada de Interese Turístico de Galicia. Deste modo, o xurado do certame reuniráse mañá venres, 1 de agosto, para valorar as obras e seleccionar á gañadora, coa que o Concello publicitará a celebración, que terá lugar o próximo 7 de setembro. Este ano, o xurado estará presidido polo alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, e integrado pola concelleira de Turismo, promotora da cita; un representante de cada grupo con representación na corporación; un membro do sector panadeiro e o fotoperiodista Ángel Manso. Todos eles, xunto ao secretario municipal, reuniránse a partires das 11 horas no salón de plenos da casa consistorial. A obra gañadora recibirá tamén un premio en metálico de 200 euros.

31 de xullo de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.