O Concello de Ribadumia realiza diversas obras de mantemento no colexio de Barrantes durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia está a acometer obras no colexio Julia Becerra Malvar aproveitando as vacacións da actividade docente. As actuacións que se están a levar a cabo por parte da entidade municipal son independentes das comprometidas pola Consellería de Educación que xa foron licitadas e tan só están pendentes de execución.Entre as melloras acometidas están o pintado de tódalas aulas de primariae o cambio das fiestras de secundaria. O obxectivo e garantir que o alumnado atope o centro en óptimas condicións na súa volta ás aulas en setembro.

Salomé Peña reuniuse coa dirección do Julia Becerra Malvar para informarse sobre as necesidades do centro e xunto o concelleiro de obras visitou o edificio para valorar as propostas e establecer prioridades. Desde o consistorio, a alcaldesa Salomé Peña destaca “o importante esforzo” económico e de medios materiais e humanos nesta campaña, que se realiza con medios propios do concello. Asemade, proximamente tamén comezarán as obras de mantemento do entorno e dos edificios dos preescolares do municipio.

Ao marxe da campaña estival, o Concello de Ribadumia conta no colexio cun traballador de mantemento para garantir o bo estado do centro durante todo o curso escolar.

21 de xullo de 2014 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.