publicidade hoxe

O Concello de Ponteareas recibe 135.094 euros da Deputación para o saneamento integral da parroquia de Bugarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra acordou, na súa sesión de goberno celebrada o xoves, conceder ao Concello de Ponteareas 135.094 euros para o saneamento integral da parroquia de Bugarín.

Na actualidade, Bugarín só tén saneamento na zona ubicada ao oeste da estrada Ponteareas-Mondariz. Este saneamento da Servizo a 27 vivendas (o 6%) das 438 que tén a parroquia.

Coa axuda hoxe concedida, o Concello levará o saneamento á zona Este da citada estrada. Para elo, construiránse dous ramais (en total 1.000 metros) que darán servizo a 156 vivendas. En próximas fases, o Concello completará para todos os lugares da parroquia o Servizo de saneamento.

24 de xullo de 2014 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.