O Concello de Ourense reforma a área infantil do barrio do Pino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense ven de rehumanizar o parque do Pino cunha inversión de 18.000 euros. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, visitaron esta mañá as obras efectuadas no parque do barrio do Pino e a súa entrada en servicio.

As obras de rehumanización e acondicionamento do parque no barrio do Pino implicaron unha serie de traballos na zona de lecer e xogo dos cativos e das cativas que inclúen a ampliación da zona de caucho e a inclusión dun peche perimetral para delimitar a área de xogo, cun sistema anticadelos na entrada á área infantil.

Á recuperación de 4 dos xogos existentes e incorporación de 4 novos se suma a colocación dunha cadeira para bebés e un columpio especial para nenos e nenas con mobilidade reducida e o cambio da area do areeiro e incusión de paneis informativos.

A obra ven pór en valor un novo espazo de xogo para os nenos e as nenas da zona, xa que o anterior se atopaba moi deteriorado por mor do paso do tempo, dando servizo aos cativos e as cativas e as súas familias no tempo de ocio.

30 de xullo de 2014 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.