O Concello de Ourense desiste do concurso para a explotación publicitaria do mobiliario urbano
A Concellería de Comercio do Concello de Ourense desistirá do concurso convocado para adxudicar a explotación publicitaria do mobiliario urbano da cidade. Así o acordou esta mañá a mesa de contratación, presidida pola concelleira Juana Ageitos. O obxectivo desta decisión é realizar un estudio en profundidade acerca deste servizo, que serva como base para elaborar un novo pliego de condicións para a súa contratación.
Neste estudio avaliaranse aspectos como a cantidade de unidades de mobiliario urbano, estudiando a posibilidade de suprimir aquelas que sexa convinte a causa da súa ubicación, impacto visual ou aspectos medioambientais. Tamén se valorarán especialmente as melloras no tipo e características dos soportes que oferten as empresas, primando aqueles que acheguen unha mellor integración no contorno e de maior valor medioambiental e evitar o impacto estético dos mesmos.
Asimesmo, se potenciará o uso destes elementos de mobiliario como instrumentos de comunicación de actividades municipais ou das organizadas polas asociacións veciñais da cidade e se realizará unha nova valoración económica do concurso, que defina un canon mínimo máis alto a ofertar por parte das empresas interesadas.
Tamén se procurará unha maior concordancia entre os requisitos fixados polo pliego técnico e o administrativo. Nos criterios de valoración non só se terá en conta a oferta económica senón tamén outras melloras que podan ofertar as empresas que redunden nunha mellor xestión do servizo.
O goberno municipal adopta esta decisión coa finalidade de que o resultado da explotación do servizo sexa a máis positiva para a cidade. Faino tamén tendo en conta que o Pleno do Concello do pasado mes de xullo aprobou un acordo apoiado polos grupos da oposición a resultas dunha moción do BNG, que propoñía paralizar o concurso convocado.
Ainda que este acordo non era vinculante, xa que o órgano competente para tomar esa decisión é a Xunta de Goberno Local, non o Pleno, o goberno municipal opta finalmente por desistir do concurso, e confía que o novo pliego conte co maior grao de respaldo posible.
Na súa xuntanza desta mañá, a mesa de contratación, á vista do informe realizado pola asesoría xurídica, acordou desistir do proceso e, en consecuencia, non abrir xa as ofertas económicas realizadas polas 7 empresas que se presentaran ao concurso.
Remitirá o expediente á xunta de goberno local, que acordará desistir do procedemento en marcha.
O Concello de Ourense manterá a explotación directa do mobiliario urbano mentres se elabora o estudio en profundidade do servizo e se confeccionan os novos pliegos de condicións para a súa nova licitación.











