O Concello de Ourense adxudica o servizo de Comedor no fogar que anualmente da servizo a máis de 150 veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa xuntanza desta mañá, a contratación do servizo de comida no fogar do Concello de Ourense á empresa Galicia Vella de Inversións, este programa que se puxo en marcha no ano 2009 e que conta na actualidade con máis de 150 usuarios e usuarias.

O Concello adxudicará así este servizo pola finalización da concesión vixente neste mes de xullo. Este servizo, contémplase coma un servizo complementario do servizo de axuda no fogar que ten como finalidade, promover, obter e restablecer a autonomía persoal ou familiar co fin de facilitar a permanencia no seu contorno habitual, evitando situacións de desarraigo.

O servizo realízase por persoal cualificado, que suministra, diariamente, a comida no fogar daquelas persoas, que pola súa especial situación, así o requiran. Coma novidade, os pregos contemplan por primeira vez que ademáis dos beneficiarios e beneficiarias do servizo de Axuda no Fogar, podan acceder ao servizo de comedor “aqueles usuarios e usuarias mediante un informe técnico do trabalador ou traballadora social correspondente, no que se fundamente a situación de necesidade dunha persoa ou familia, e que sexa este servizo o recurso idóneo para dar resposta a situación de necesidade que presentan”.

O obxectivo pricipal do servizo é ofrecer un apoio individualizado que favoreza a autonomía persoal de aquelas persoas que se atopen nunha situación de desprotección ou vulnerabilidade social, coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida.

O servizo desenvolve, dunha banda unha labor preventiva, contribuíndo a proporcionar unha información axeitada e previr os posibles trastornos de saúde derivados dunha alimentación insuficiente ou pouco equilibrada, así coma previr accidentes domésticos derivados da preparación de comidas ao tempo que se fai un seguemento cotiá das persoas usuarias que vivan sóas para evitar o seu aillamento.

O servizo funciona todos os días do ano (incluídos domingos e festivos) e os menús, que se entregarán nos domicilios entre as 11.00h e as 14.00h serán supervisados semanalmente polos técnicos da Concellería de Benestar Social, e segundo as indicacións dun nutricionista e os informes do médico de familia de cada un dos beneficiarios e beneficiarias do servizo.

O custe do servicio varía entre 1 euros e 6 euros por menú, en función das características ecnómicas do usuario e usuaria e o servizo ten un custe para o Concello de 350.000 euros, do que o 100% é municipal, non recibindo ningunha axuda ou subevción de calquera outra administración.

O mentemento deste servizo, que axuda diariamente a máis de 150 persoas, responde a aposta do Goberno municipal por garantir a calidade de vida e o benestar social dos veciños e veciñas da cidade e neste caso das persoas maiores.

3 de xullo de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.