publicidade hoxe

O Concello de Oleiros valará o acceso á cala de Portelo por risco de derrubamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O alcalde Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que o Concello de Oleiros restrinxirá temporalmente o acceso á cala do Portelo, na península de Canide, debido ao risco de derrubamento que existe na zona. Os temporais que afectaron á costa o pasado inverno danaron parte dunha finca privada que pode provocar novos derrubamentos sobre o areal, o que comprometería a seguridade dos usuarios e usuarias.

O acceso quedará valado ata que se leve a cabo a obra que consolidará o terreo. Segundo sinalou o propio rexedor a Demarcación de Costas e o propietario da finca atópanse ultimando o proxecto que se executará, polo que os traballos poderían comezar nos próximos días.

7 de xullo de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.