O Concello de Oleiros recorda á veciñanza a necesidade de manter limpas de maleza as fincar para previr o risco de incendio
O Concello de Oleiros recorda a necesidade de manter limpas de maleza as leiras para previr o risco de incendios nesta época do ano. O rexedor, Ángel García Seoane, recordou esta mañá a obrigación dos propietarios de leiras urbanas de manter estas libres de broza para evitar que se ocasiones lumes e que estes se propaguen a outras propiedades, o que orixinaría aos propietarios onde se xerou o incendio unha responsabilidade sobre os danos causados noutros terreos anexos.
O Goberno local recorda que incumprir esta obrigación pode carrexar ademais sancións administrativas ao violar a norma municipal a este respecto, xa que o Concello abre expedientes constantemente aos propietarios que non manteñan limpos os terreos. As multas poden oscilar entre os 300 e 6.000 euros mensuais por no cumprir a orde de execución de limpeza.











