publicidade hoxe

O Concello de Oleiros adxudica o restaurante da Fábrica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros adxudicou o restaurante A Fábrica á empresa Red Carpe Diem Ibérica, S.L. A empresa adxudicataria, que iniciará a súa actividade no complexo hosteleiro situado no emblemático edificio de Perillo ao longo das próximas semanas, non mantén ningún vinculo empresarial co grupo Gasthof. Polo que a coñecida cadea de restaurantes coruñeses non é a adxudicataria deste servizo como se publicou nalgún medio local na súa edición de hoxe.

Ademais do restaurante da Fábrica, foi adxudicada por parte do Concello a cafetería do Centro social de Montrove, que tamén iniciará a súa actividade nos próximos días. Neste caso o adxudicatario foi Borja Pita González, un veciño do municipio que desempeñará a actividade neste negocio de hostelería que alberga o complexo municipal de Montrove e que rexistra unha importante actividade local.

22 de xullo de 2014 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.