publicidade hoxe

O Concello de Neda executa traballos de limpeza e acondicionamento na praia da Magdalena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Grazas á concesión dunha subvención por parte da Xunta de Galicia, o Concello de Neda iniciou esta semana os traballos de limpeza e acondicionamento da praia da Magdalena. Uns traballos que leva a cabo a firma Iván Tembrás coa finalidade de deixar en perfecto estado de revista o areal, eliminando os residuos que se foron acumulando na mesma. O importe da achega concedida pola Administración autonómica ascende a 7.300 euros, namentras que o Concello completa a cuantía necesaria aportando outros 1.700 euros.

17 de xullo de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.