O Concello de Muxía distribúe manteis de hostelería con mapas dos recursos turísticos locais
O Concello de Muxía pon en marcha o Programa de Dinamización Lingüística ” Con X de Muxía” , Subvencionado pola Xunta de Galicia, para a promoción do uso do galego en diferentes ámbitos.O programa comeza coa actividade “ O Camiño, en galego II” , que consiste na edición e distribución de manteis individuais para uso de restaurantes.
Nestes manteis aparece un mapa co percorrido do Camiño Xacobeo polo concello , cos nomes dos topónimos galegos e uns puntos de interese turístico. Ao mesmo tempo, na marxe do mantel aparecen de forma moi gráfica unhas palabras en galego para desenvolverse na hostalería . Deste xeito promociónase a un tempo o uso do galego e os recursos turísticos do municipio.
Esta actividade xa se levou a cabo no ano 2012 e é amplamente demandada polo colectivo de hostelería
Por outra banda, o Programa de Dinamización Lingüística do Condello de Muxía continuará nos vindeiros meses cunha campaña de animación á lectura en galego, editando uns marcapáxinas con ilustracións de pintores afincados en Muxía que poderán conseguirse ao facer uso da biblioteca municipal e do servizo de préstamo, e tamén se levará a cabo a terceira edición do consurso “Durmo…se me contas un conto”.