O Concello de Monforte informa sobre as datas de cobro do IBI
O Concello de Monforte informa sobre as datas de cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI) neste ano 2014.
Os recibos do IBI do 2014 poranse a cobro o día 6 de agosto e o prazo para facer efectivo o seu pagamento estenderase ata o día 6 de outubro. Polo tanto, as persoas que non teñan domiciliado os seus recibos, terán dous meses de prazo para pagalos.
Pola contra, as persoas que teñan domiciliados os recibos do IBI, beneficiaranse do fraccionamento do pago, rexistrando o cargo nas súas contas bancarias nas seguintes datas:
-1º cargo: día 6 de agosto (60 % do recibo)
-2º cargo: día 4 de decembro (40 % do recibo)
O ano pasado, o cobro do IBI levouse a cabo entre os meses de xuño e agosto, realizándose o cargo dos recibos domiciliados en xuño (60 %) e en outubro (40 %).











