O Concello de Monforte de Lemos propón un espectáculo de maxia e un monólogo para esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

O Concello de Monforte de Lemos únese ás actividades culturais e lúdicas de celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís, promovida pola Xunta de Galicia e através do AGADIC que se desenvolverán por todo o País ata finais de setembro.

Os veciños e veciñas poderán gozar este sábado 26 de xullo na rúa do Cardeal das seguintes actividades:

Ás 12.00h. ACTUACIÓN DE MAXIA a cargo do “MAGO CARLOS”

Carlos, ou “O Carlos da Belén” como o coñecen os máis achegados, é de Rubián, e traballa moito pola Comarca de Lemos. Ten unha técnica moi depurada e executa os seus números con grades doses de humor.O seu espectáculo de maxia vai dirixido a grandes e pequenos. A idade non é atranco ningún para participar, rir e asombrarse cos seus espectaculares números e xogos.A súa simpatía e proximidade engancha moi ben a calquera público.

Ás 20.00h. MONÓLOGO de XAN VEIGA

Xan Veiga é un humorista de Arzúa, coñecido pola súa longa traxectoria no Luar, que conta historias e anécdotas coas que todos os galeg@s nos vemos identificados.

Espectáculo: “Como cho conto !!”

Monólogo “Made in Galicia” no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela… do moito que cambiaron ou non.

23 de xullo de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.