O Concello de Lugo financiou con 233.630 euros o San Froilán 2013 que tivo un presuposto total de 793.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou hoxe que o Concello de Lugo gastou 233.630 euros nas festas de San Froilán 2013.

Basadre detallou que o presuposto inicial para as festas ascendeu a 635.000 euros. O custe final foi de 793.853,05 euros e os ingresos totales eleváronse a 560.223,82 euros, procedentes, entroutras recadacións, do feiral.

As contas do San Froilán 2013 é un dos asuntos que tratará mañá a Comisión de festas, que está convocada para as 11.00 horas.

22 de xullo de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.