O Concello de Ferrol xa reparou máis de 5.300 metros cadrados de viarios en distintas zonas do termo municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Servizos do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, deu conta hoxe das actuacións de mantemento e reparación de viarios e infraestruturas acometidas durante o primeiro semestre deste ano 2014 nos diferentes barrios e parroquias do termo municipal. Este servizo permite dar resposta ás demandas da cidadanía, recollidas a través da Oficina de Atención Cidadá así como por medio das entidades veciñais.

Un total de 5.361,92 metros cadrados de actuacións de aglomerado foron realizados polos operarios de Misturas S.A., empresa adxudicataria desta prestación municipal, en diferentes lugares do municipio pertencentes tanto á zona urbana como á rural. Desta extensión total, máis de 1.000 metros cadrados se executaron en calzadas da zona centro da cidade; 887,71 en rúas do barrio de San Pablo e 762,95 metros cadrados na zona do Ensanche A. Así mesmo, as tarefas de arranxo do firme tamén se levaron a cabo en rúas de Santa Icía –con intervención de aglomerado que suman 585,58 metros cadrados-; San Xoán –con 437,55 metros cadrados-; ou Caranza –con 526,33 metros cadrados de intervencións-, entre outros barrios e parroquias.

De maneira máis concreta, os traballos de reparación de aglomerado foron acometidos nas seguintes calzadas:

-A Magdalena: rúa Igrexa, rotonda do Cantón, rúa Coruña e circunvalación de Irmandiños.

-Serantes: zona de aparcamento de A Malata e rúa Pedregas.

-Canido: rúas Marola, Maiola, Alegre, Miramar con Alonso López, Praza de Canido, Avenida do Rei e entorno da asociación veciñal de Canido.

-San Pablo: Camiño do Seixo Branco, rúa Toimil, rúa Sagrada Familia e Camiño Corral do Froitel.

-Santa Icía: rúas Irmandade Doadores de Sangue, Pomar e Campo de Chao.

-San Xoan: Camiño do Souto, ponte de Cabalo Branco e Camiño de Basanta.

-Caranza: Rotonda do Diapasón, rúa Lepanto, estrada de Telleiras, ponte de Caranza, rúa José Fontenla Leal, Avenida do Mar, rúa Pedro Carvajal, rúa Armada Española, rúa Juan de Austria, rúa 7, rúa Mestre López Dafonte e Avenida de Bazán.

-Recimil: rúa Ramón y Cajal.

-Esteiro: rúas Rochel, Velázquez, Doutor Iglesias Parga, Zurbarán, Eduardo Pondal, Fernando VI, Españoleto, Colón, Doutor Vázquez Cabrera, Antelo e Avenida de Vigo.

-Ensanche A: estrada de Castela, Avenida de Compostela (incluído o tramo con rúa Roi Xordo), rúa Instituto e entrada da estación de autobuses.

-Santa Mariña: rúas Vilarrube con Frouxeira, Casquido, Batalla de Brión e A Chousa.

-Covas: Camiño de Raxón.

-Ultramar: estrada da Trincheira.

Ademais, os operarios da empresa adxudicataria acometeron traballos de reforzamento de mantemento de viarios na zona de A Malata, Avenida do Rei, rotonda de Canido, rúa Velázquez con Avenida de Vigo, rúa Irmandiños e rúa da Igrexa.

Por último, sinalar que o Servizo Municipal de Mantemento de Viarios e Infraestruturas centrou os seus traballos esta semana nas seguintes localizacións do municipio: Rúa Virxe da Cabeza (reparación de pavimento con formigón); Avenida de Vigo (reposición de beirarrúas); e Vilabuíde – Camiño de Abulla (pista de zahorra). Así mesmo, estes días os operarios acometen novas actuacións de aglomerado na estrada principal de Esmelle, Cha da Mariña e Estrada de Mougá – Esmelle.

11 de xullo de 2014 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.