O Concello de Ferrol repara 5.000 metros cadrados de aglomerado na estrada O Pico – Leixa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol vén de iniciar as obras de mellora no aglomerado da estrada O Pico -Leixa – O Seixo, situada no barrio de Santa Icia. Esta actuación responde a unha demanda veciñal que está recollida no Plan de Barrios, e que nestes momentos está a executar a Concellería de Servizos e Medio Ambiente con fondos provinciais, segundo informou o edil responsable da mesma, Borja Carro Muñoz.

Un total de 5.190 metros cadrados de asfaltado serán executados nun tramo do viario, cunha lonxitude aproximada dun quilómetro. Esta intervención está incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña e ten un importe total de 74.056,15 euros (21% de IVE incluído). O prazo de execución para a mellora integral da estrada O Pico- Leixa- O Seixo é de dous meses, aínda que os tempos poderían acurtarse.

Ademais da reposición do firme da estrada, esta actuación se reforzará con 1.220 metros lineais de limpeza e ro

22 de xullo de 2014 | 14:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.