O Concello de Ferrol renova o seu convenio colaborador coa cociña económica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

O Concello de Ferrol renovou hoxe o convenio coa Cocina Económica para a atención ás persoas sen recursos económicos. O presidente desta institución benéfica, Antonio Tostado, asinou hoxe o acordo de colaboración en que a Concellería de Benestar Social contribúe con 75.000 euros para o financiamento das prestacións que realiza devandita entidade: servizos de restauración presencial nas instalacións do comedor -situadas na rúa Rubalcava, número 29- e servizo de recollida de comida para domicilios, que vai especialmente dirixido a persoas e/ou unidades de convivencia con menores ao seu cargo.

Os 75.000 euros que aporta a Administración Municipal á Cociña Económica van dirixidos a axudas ao financiamento en calquera dos seguintes conceptos: alimentos, gastos de mantemento das instalacións, gastos administrativos, gastos de persoal, e todos aqueles que sexan imprescindibles para a atención persoal e directa das persoas que acoden ao comedor desta institución benéfica. A duración deste protocolo de colaboración é dende o 1 de xaneiro até o 31 de decembro do presente ano 2014.

Ademais, a edil de Benestar, Rosa Martínez Beceiro, e o presidente da Cociña Económica, Antonio Tostado, pecharon esta mañá o compromiso de renovación deste acordo de colaboración para que teña continuidade no exercicio de 2015. O obxectivo da Administración municipal é acelerar aínda máis os trámites administrativos para que o vindeiro convenio se poda asinar en abril ou maio.

30 de xullo de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.