O Concello de Ferrol acometerá obras de mellora no parque de Porta Nova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, investirá máis de 7.000 euros en obras de mellora e mantemento que afectarán ao parque de Porta Nova e no contorno da Praza de Galicia. Máis concretamente, a actuación no parque do Inferniño centrarase no pintado e saneamento de estruturas, o cambio de placas con anclaxes, así como o barnizado e pintado de varios bancos de madeira e a súa posterior recolocación.

No que atinxe á intervención na praza de Galicia, esta afectará a marquesiña, acometéndose a substitución dos vidros deste equipamento e a limpeza do mesmo.

21 de xullo de 2014 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.