O Concello de Ferrol acomete a reparación dunha cuberta no centro escolar San Xoán de Filgueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol acometerá traballos de reparación na cuberta do edificio de Primaria do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) San Xoán de Filgueira. Esta intervención permitirá arranxara pequenas filtracións de auga no tellado e estará rematada para o inicio do vindeiro curso escolar 2014-2015.

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente, que dirixe Borja Carro Muñoz, investirá nesta actuación un total de 26.607,9 euros.

23 de xullo de 2014 | 12:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.