O Concello de Ferrol acomete a reparación das cubertas de tres inmobles en Recimil
O Concello de Ferrol informa do remate das obras de reforma de tellados en tres inmobles de titularidade municipal no barrio de Recimil. Esta intervención foi executada polo Goberno Municipal con cargo aos fondos provinciais do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña, e o investimento na mesma ascendeu a un total de 196.366,58 euros.
O Goberno Municipal decidiu incluír estas tarefas de reposición de tellados dentro do POS co obxectivo de mellorar a situación de tres inmobles de titularidade municipal situados no barrio de Recimil. En concreto, os traballos acometéronse nos edificios número 12, 14 e 16 da estrada de Castela. A intervención, que no que atinxe a obra en si mesma dáse por rematada a falta de cumprimentar un últimos trámites administrativos. Os traballos comezaron o pasado mes de marzo e tiñan un prazo de realización inicial de catro meses, que se cumpriu.











