O Concello de Cerdedo pon en marcha a Escola de Música Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo está tratando de por en marcha a posta en funcionamento da Escola de Música Municipal.

Cerdedo é terra de músicos, e dende hai tempo o Concello leva facendo as xestións necesarias para recuperar esta fermosa tradición, a idea é dar clases de calidade para todos os participantes co claro obxectivo de chegar a formar unha banda de música municipal.

A Escola de Música Municipal estará aberta a todo tipo de participantes, indepedentemente da súa idade e terá periodicidade semanal (durante o curso escolar); traballarase con instrumentos de percusión, vento e metal, así como outros que sexan demandados polos participantes.

Para dar a coñecer, informar e vivenciar o que será a Escola de Música Municipal, o vindeiro martes 22 de xullo a partir das 19.30 h. terá lugar un obradoiro de música no Centro Cultural de Cerdedo para que todos os interesados poidan acudir e gozar da música en estado puro (a actividade é gratuíta).

17 de xullo de 2014 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.