O Concello de Cangas confirma a limpeza e desbroce dos viais municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Concello de Cangas conta desde onte con máis persoal para a limpeza e desbroce que xunto coa maquinaria da Deputación de Pontevedra e a desbrozadora de brazo municipal reforzarán e optimizarán o servizo de limpeza viaria.

Desde o Concello confirman que hoxe maquinaria e persoal municipal empezaron a traballar nos viais da parroquia de O Hío, concretamente desde o Viso de Liméns ata Pinténs, a pesar das desacertadas declaracións dalgúns colectivos veciñais, para continuar polo resto de barrios de todo o municipio.

Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Graña, as tarefas de limpeza dos viais municipais iniciaronse no de mes de xuño cos medios dos que dispón o Concello, tanto materiais como humanos. Isto unido á climatoloxía, a titularidade de moitas dos viais que son provinciais, a prioridade da limpeza dos accesos e entornos das praias, a reparación da desbrozadora de brazo, dificultaron no seu conxunto os traballos de limpeza e desbroce.

Jesús Graña asegura que o Concello reforzará a vixiancia en todo o municipio para que as testeiras das fincas colindantes se atopen limpas comunicando a os seus propietarios a obrigación de manter as súas parcelas libres de maleza tal e como o recolle a nova Lei de incendios de Galicia. Recorda que o Concello non ten competencia para desbrozalas pero sí para sancionar aos seus propietarios remata.

1 de xullo de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.