publicidade hoxe

O Concello de Allariz inicia a comercialización do Xabón D’Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal Portada
A-
A+

Despois dun período de proba e debido á grande acollida, o Concello de Allariz xunto coa Asociación ANDREA comezan a comercialización de Xabóns D’Allariz. A presentación do produto en tenda foi feita en Cosmethics, comercio de cosmética natural localizado no centro de tendas outlets de Allariz. A venta está dispoñible de forma directa e tamén vía on-line.

Polo momento Xabón D’Allariz poden mercarse na parafarmacia da vila, no mercado da Reserva da Biosfera, no Museo da Moda ou no Obradoiro de San Salvador, de onde procede a súa elaboración. Non obstante, tanto o Concello como a Asociación ANDREA pretenden a expansión do produto a outros puntos de Galicia así como da xeografía española.

Xabóns D’Allariz xurde coma un proxecto de Dinamización Rural que traballa para garantir unha liña local de produtos artesáns de alta calidade. Pretende ser unha produción encamiñada á sustentabilidade da asociación de xeito que se garante a continuidade da labor de A.N.D.R.E.A en favor de colectivos desfavorecidos.

11 de xullo de 2014 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.