O Concello da Coruña saca a licitación varios programas formativos con preto de 900 prazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello, a través da área de Emprego e Empresa que dirixe Luisa Cid, sacou a licitación distintos programas formativos gratuítos que ofrecen un total de 5.405 horas lectivas e que ofertan case 900 prazas para desempregados ou persoas que desexen mellorar a súa situación laboral.

Trátase de dous tipos de accións: a primeira consiste no programa de cursos de Formación Ocupacional do Servizo Municipal de Emprego -que o Goberno local saca a concurso por un importe de 316.000 euros- e a segunda, en accións de formación no Agra do Orzán a través do plan Urbana C en colaboración coa UE cofinanciadas con fondos Feder e que contan cun orzamento máximo de 106.408 euros. En total, o orzamento dos dous proxectos que saíron a licitación ascende a 422.4078 euros.

O primeiro dos programas, cun orzamento de 316.000 euros, consiste en desenvolver accións de formación profesional ocupacional promovidas polo Servizo Municipal de Emprego que abarcan até dez áreas ou temáticas diferentes, desde a montaxe e mantemento de sistemas de telefonía até seminarios de informática e de orientación para a procura activa de emprego. Impartiranse mediante este programa 3.910 horas de formación a través de 70 cursos que ofertarán 795 prazas.

Luisa Cid explicou que a duración destes seminarios oscilará entre o dez horas dun curso de manipulación de alimentos ou as 15 horas dun curso de procura activa de emprego até as 235 horas de cada un dos dous seminarios de formación de hostalaría.

Nichos de empleabilidade

A edil engadiu que o contido dos 70 cursos foi elaborado atendendo aos denominados nichos de empleabilidade, é dicir, para responder as necesidades do mercado laboral tentando cubrir os campos onde hai máis posibilidades de atopar traballo porque existe unha demanda real.

Así, entre os seminarios que o Concello porá en marcha no segundo semestre deste ano destacan cursos de idiomas e algúns específicos para hostalaría, colectivo que poderá mellorar a súa formación a través de dúas accións denominadas Servizos de bar e restauración cunha duración de 235 horas por curso (155 horas teóricas e 80 prácticas) e 15 prazas por taller. Servizo de viños, atención ao cliente, sistemas de aprovisionamento ou como presentar os pratos nun establecemento de restauración son algunhas das materias que deberán aprender os alumnos.

O sector turístico (comercio e hostalaría principalmente) disporá ademais de cursos de idiomas adaptados para cubrir as súas necesidades específicas. Impartiranse seis seminarios (tres de iniciación e tres de perfeccionamento en inglés, francés e alemán) cun total de 450 horas e 120 prazas. Os de iniciación terán unha duración de 100 horas cada un e os de perfeccionamento, de 50. O número máximo de alumnos e alumnas por curso será de 20 persoas.

A responsable da área de Emprego e Empresa indicou que a adxudicataria deberá desenvolver en todo caso programas cun “contido moi específico dirixido aos establecementos de hostalaría e comercios”, impartindo materias como tradución de menús e cartas ou terminología específica nas relacións cos clientes.

Outros dos cursos de Formación Ocupacional do Servizo Municipal de Emprego son os seguintes:

– Orientación para a procura activa de emprego: o seu obxectivo é que o alumno aprenda a facer un bo currículo do que poida obter o máximo partido, tanto nunha entrevista presencial como nas Redes Sociais. A empresa adxudicataria deberá impartir 380 horas a través de 29 talleres e un total de 435 horas.

– Inglés, francés, alemán, ruso e chinés para a mellora da empleabilidad: son idiomas son cada vez máis solicitados nas ofertas de emprego e estes seminarios centraranse en dominar o vocabulario básico utilizado en procesos de selección de persoal. Impartiranse 550 horas de formación a través de catro cursos de inglés, de 50 horas cada un, mentres que se impartirá 1 curso de inglés, outro de francés, alemán, ruso e chinés, cunha duración de 50 horas cada un. En total, ofertaranse 15 prazas por seminario.

– Monitores de actividades de lecer educativo: formación de persoal docente en técnicas de planificación para o desenvolvemento de programas educativos, de lecer e animación sociocultural xestionados por asociacións, entidades ou Administración local. O curso dura 280 horas repartidas en catro grupos de 70 horas cada un. Cada grupo terá un máximo de 25 persoas.

– Vixilancia de seguridade privada: realizaranse dúas accións de 240 horas de cada unha. A formación facilitará aos alumnos presentarse ás probas de selección que convoca a Secretaría de Estado de Seguridade e cuxa superación habilita á súa vez para o exercicio da profesión, previa expedición do cartón de identidade profesional. Ofertaranse 15 prazas por curso.

– Programación de dispositivos móbiles: para optar a impartir esta formación as empresas deberán presentar a proposta específica do seminario, que deberá en todo caso ter 300 horas de duración e ofertar 15 prazas.

– Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía: mantemento de redes locais de datos, cableadas, inalámbricas, entre outros coñecementos (220 horas de formación e 15 prazas).

– Operacións de montaxe de redes eléctricas: a formación, que como o anterior inclúe a obtención do Certificado de Profesionalidade, permite realizar operacións auxiliares na montaxe e mantemento de redes eléctricas aéreas e subterráneas. 220 horas e 15 prazas.

– Informática: impartiranse 15 talleres sobre Tecnoloxías da Comunicación e a información básica para calquera posto de traballo. Os seminarios terán unha duración de 500 horas distribuídas en 15 talleres con 15 prazas cada un.

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa precisou que a maior parte dos seminarios deberán estar en marcha no outono. En calquera caso, e aínda que aínda está en proceso de licitación, as persoas interesadas nalgún dos talleres poden dirixirse ao Centro Municipal de Emprego dos Rosales, onde se lles dará toda a información dispoñible.

Cid recomendou aos desempregados e a todos aqueles que teñan interese en mellorar a súa situación laboral ou a súa formación que acudan ás instalacións dos Rosales onde os técnicos asesoraranlles sobre cursos, seminarios e prazos en función do seu perfil laboral ademais de incluílos na base de datos do Centro Municipal de Emprego.

Formación no Agra do Orzán

A segunda acción formativa que o Concello sacou a licitación, neste caso por importe de 106.480 euros, céntrase no Agra do Orzán e inclúese dentro dos programas impulsados por Emprego e Empresa a través do plan Urbana C, o programa cofinanciado con fondos Feder da Unión Europea para establecer estratexias innovadoras que contribúan a revitalizar o barrio.

O programa que agora pon en marcha o Concello pretende mellorar a competitividade do barrio a través de seminarios de formación que favorezan a empleabilidad e melloren o nivel formativo dos usuarios dos cursos.

Desta forma impartiranse tres seminarios cun total de 1.495 horas formativas. Son dous seminarios de Atención Sociosanitaria (un centrado na atención a persoas dependentes en institucións sociais e outro en persoas no domicilio) e un terceiro curso, con 445 horas e 15 prazas, sobre materias básicas para acceder á formación ocupacional que permite obter o certificado de profesionalidade do nivel 2, como é o caso da formación sociosanitaria.

Do mesmo xeito que os cursos de Formación Ocupacional do Servizo Municipal de Emprego, a formación do Agra do Orzán deberá desenvolverse ao longo de 2014.

22 de xullo de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.