O Concello da Coruña pon en marcha unha campaña informativa sobre consumo, en barrios e mercados municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, dependente da área de Emprego e Empresa que dirixe Luisa Cid, porá en marcha, desde este venres e até o 28 de agosto, unha campaña de información e divulgación sobre consumo, en máis dunha decena de barrios e mercados municipais. A iniciativa pretende informar os cidadáns sobre os seus dereitos como consumidores, onde expertos en consumo atenderán todas as dúbidas dos veciños.

A campaña deseñada pola área de Emprego e Empresa incidirá, entre outros aspectos, na cesta da compra e na importancia de adquirir produtos frescos, de tempada e de calidade, polo que o punto de atención da OMIC tamén se trasladará a diversos mercados municipais. Ademais, estará, en horario de 11.30 a 13.30 horas, nos seguintes barrios e mercados municipais:

O Castrillón: 1 de agosto.

Monte Alto: Mercado de Monte Alto. 11 de agosto.

Os Castros: 12 de agosto.

Os Rosales: 13 de agosto.

Labañou: 14 de agosto.

San Pedro de Visma: 18 de agosto.

Rúa Barcelona: Mercado das Conchiñas: 19 de agosto.

Os Mallos: 20 de agosto.

Barrio das Flores: 21 de agosto.

Elviña: Mercado de Elviña: 22 de agosto.

Ventorrillo: 25 de agosto.

Novo Mesoiro: 26 de agosto.

Pescadería-Cidade Vella: Mercado de San Agustín: 28 de agosto.

30 de xullo de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.