publicidade hoxe

O Concello da Baña organiza un curso de Lecer Inclusivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

O Concello da Baña organiza por primeira vez un curso de Lecer Inclusivo que terá lugar os días 28 e 30 de xullo e 1 de agosto en horario de 9.30 a 13.00 horas. Esta iniciativa pioneira trata de profundar no ámbito do lecer, da educación non formal e na intervención con persoas en risco de exclusión e colectivos de especial vulnerabilidade, centrándose na discapacidade. A concelleira de Educación e Cultura da Baña, Alicia Branco, lembra que “está aberta a todos interesar” e que trata de abrir a oferta de lecer “a todos, sen ningunha distinción”. Poden apuntarse quen desexe ampliar a súa formación no campo da inclusión. Os interesados poden solicitar máis información na Axencia de Desenvolvemento Local e nos seguintes teléfonos: 981.886.777-607.559.348-981.886.501.

11 de xullo de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.