O comité de empresa de Urbaser denuncia a contratación doutras concesións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

O secretario do comité de empresa de Urbaser, Julio Pacio, de UXT, denunciou este venres que a empresa contrata “esquiroles” doutras concesións para recoller lixo no municipio de Lugo durante a folga indefinida dos traballadores.

Este venres cúmprense 25 días de paro e acumúlanse unhas 700 toneladas de residuos con máis de cen puntos de alerta sanitaria, segundo os cálculos do comité, que acusa á empresa de “estar desaparecida en combate”, tras a última reunión que mantiveron ambas as partes o pasado mércores.

Pacio insistiu en que se vulnera o dereito de folga”, coa presenza destes “esquiroles” doutras concesións que son escoltados na recollida por axentes da Policía Local.

“Aquí temos esquiroles. Traen xente externa cando nós saímos todos os días, nas tres quendas, para recoller en puntos de risco e declarados en alerta. Isto parécenos que é unha invasión total e sen medida consentida polo concello de Lugo que pon de escoltas á policía local, un gasto innecesario para a cidade porque eses reforzos da policía teñen un custo”, criticou.

Así mesmo, Julio Pacio pediu ao Concello de Lugo que “tome nota” do Consistorio de Santiago. “Se se traduce en realidade o preacordo de Santiago, algún terá que copiar diso aínda que sexa doutro partido”, manifestou en alusión ao alcalde de Lugo, José López Orozco.

4 de xullo de 2014 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.