O Club de Natación Mos logra tres medallas nos Campionatos Galegos Alevín e Junior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMos
A-
A+

O Club de Natación Mos informa dos podios acadados por dous dos seus nadadores nos Campionatos Galegos Alevín e Junior celebrados recentemente nas localidades de Carballo e Ourense, respectivamente.

O nadador mosense Óscar Molares acadou dous metais, por unha banda a medalla de de prata na modalidade 200 metros braza e por outra bronce en 100 metros braza; ambas acadadas no Campionato Galego de Natación Alevín disputado na localidade coruñesa de Carballo.

A outra campiona mosense é Alicia Dávila Silva, quen se fixo co segundo posto e a conseguinte medalla de prata no Campionato Galego de Natación Junior celebrado na cidade de Ourense.

En total once nadadores do Club de Natación Mos participaron nos Campionatos Galegos de Natación nas categorías Alevín, Infantil, e Junior.

Ademais dende o Club mosense queren anunciar que iniciarán a nova tempada o vindeiro 8 de setembro e que todas as persoas interesadas en pasar a formar parte da agrupación deportiva poden informarse acudindo á Piscina Municipal, sita no Pavillón Óscar Pereiro nas Pozas, Petelos; ou chamando ó número de teléfono 637764368.

18 de xullo de 2014 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.