publicidade hoxe

O Castelo da Concepción de Cedeira abre as súas portas ao público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Castelo da Concepción vén de abrir as súas portas ao público. E faráo no que resta de xullo e durante o mes de agosto. Segundo informou o Concello de Cedeira, veciños e visitantes poderán visitar a fortificación os martes pola tarde (de 16,30 a 20 h) e de mércores a domingo (de 11 a 14 h e de 16,30 a 20 h). Así mesmo, as persoas interesadas en descubrir a fortaleza terán á súa disposición unha guía turístico que lles dará conta da súa historia. Así, as visitas guiadas realizaránse cada hora (ás 11, 12, 13, 17, 18 e 19 horas). O Castelo da Concepción ubícase na zona portuaria.

É unha obra militar de carácter defensivo que, alzada sobre un promontorio, data do ano 1747. Foi construído en parte dun territorio que algún día foi castro e, deste primitivo asentamento, son aínda ben visibles dous amplos fosos. A súa construcción nace da necesidade que Cedeira, vila e porto marítimo a un tempo, tiña de defenderse de posibles atacantes que chegaban por mar. Os planos antigos que se custodian a día de hoxe nos arquivos militares permiten saber o destino que se lle deu a cada unha das dependencias das que consta o edificio: cociña, cuarto para o oficial, cuartel de guarnición, cuarto para equipamento de artillería e sala de pólvora. Conta tamén con garita para o centinela e troneiras para asomar os cañóns que aínda hoxe en día se conservan.

Os visitantes poden coñecer a súa historia a través do centro de interpretación que alberga no seu interior. Doutra banda, a Oficina Municipal de Turismo anuncia que ampliará o seu horario de atención ao público a partires do día 24. Así, ata esa xornada, permanece aberta de luns a venres de 10,30 a 14 e de 17 a 20 horas e, os sábados, pola mañá. Dende o 24 xullo, os novos horarios serán de luns a sábado de 10 a 14 e de 16 a 21 horas e, o domingo, de 11,30 a 13,30 horas.

19 de xullo de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.