O Carballiño inicia o programa “Verán divertido”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A Área de Igualdade do Concello do Carballiño que dirixe a edil Purificación Alberte iniciou este martes 1 de xullo o programa “Verán divertido 2014”. Dito programa está dirixido a menores entre 3 e 12 anos durante os meses de xullo e agosto como complemento do programa de conciliación da vida familiar e laboral “Bó día familia”.

Os obxectivos do programa son facilitar á cidadanía do Carballiño a conciliación da vida persoal, familiar e laboral; contribuir á educación en valores non sexistas e pro-igualdade así como facilitar entre os máis pequenos normas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.

As actividades e talleres a realizar cos menores incluien: manualidades e reciclaxe, xogos populares, talleres de pintura, cociña, Educación Vial, sesións de cine, saídas lúdicas, psicomotricidade, gymkhanas, busqueda do tesouro…entre outras. E visitas organizadas aos puntos importantes da vila coa finalidade de coñecer a súa contorna, como son: Concello e Policia Local, Conservatorio, Biblioteca Municipal… entre outros.

2 de xullo de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.