O Carballiño comeza as labores de limpeza e roza municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño comezou, como todos anos por estas datas, os traballos de limpeza e roza, en concreto na contorna do centro urbano e na zona de Mesego e Sagra. Así mesmo, e cumprindo o calendario habitual, están a realizarse estes traballos nas parroquias que o demandan por necesidade de festas patronais e demais. Outra zona que está xa rozada é o parque municipal e comezouse coa avenida do Arenteiro. Estas rozas realízanse tamén de forma optimizada, tendo en conta que non se poden iniciar moi pronto os traballos xa que a climatoloxía podería provocar que na mesma zona se tivese que rozar dúas ou tres veces en pouco tempo. Para optimizar estes traballos de roza están a realizarse mesmo quendas de tarde, acelerando máis o proceso e chegando antes a todos os núcleos rurais.

Doutra banda xa se iniciaron hai semanas as rozas dos viarios no rural, a través do convenio coa Deputación.

7 de xullo de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.