O Carballiño asina un convenio coa banda de música municipal para potenciar á formación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño, xunto coa edil de Educación mantiveron unha reunión coa asociación cultural Banda de Música do Carballiño, para ofrecer o maior apoio posible a esta formación musical, e ao mesmo tempo a este tipo de música que ten tanto seguidores no Carballiño. Indirectamente con este convenio prémiase o labor realizado pola banda de música durante estes anos, cos alumnos do conservatorio e a escola de música do Carballiño.

Tal e como sinalaba o alcalde “nestes momentos é a única asociación cultural que se dedica a este tipo de actividade no concello do Carballiño, e as súas actuacións son moi demandadas para diversos actos públicos, sendo ademais os que recollen a moitos mozos e mozas que están a se formar tanto na escola de música como no conservatorio carballiñés. É por iso que nos parecía xusto ofrecerlles este convenio, e estrañábanos moito que antes non se fixese algo igual”.

Así mesmo Argimiro Marnotes destacaba que é unha oportunidade para o concello o poder contar con esta asociación cultural no noso pobo, para a conservación deste tipo de música, polo que entendemos que o concello debe dar o máximo apoio, e así tamén poder ofrecer á poboación carballiñesa actuacións desta formación musical.

Desta forma, continuaba dicindo o alcalde “legalizamos unha relación que existía entre a banda e o concello, e que nunca se fixo, co que os músicos da banda estaban desamparados neste sentido”.

O convenio supón unha achega anual do concello de 12.000 euros á Banda Escola de Música, que eles administrarán segundo acurden, e a cambio esta formación musical comprométese a ofrecer 10 actuacións para o público carballiñés ao longo do ano.

15 de xullo de 2014 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.