O Carballiño abre prazo para presentar solicitudes e optar a un posto de polbo no parque municipal
Aberto o prazo para a presentación de solicitudes para optar a un posto de polbo ou taberna no parque municipal, sendo este prazo do 2 ao 9 de xullo do ano en curso. Se a solicitude preséntase nun rexistro diferente ao rexistro xeral do concello do Carballiño, será obrigatorio comunicar por fax ou email ao concello a presentación desta instancia e documentación dentro do prazo antes mencionado.











