O Campamento Urbano e Deportivo de Tui inicia con máis de 190 participantes a primeira quenda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Hoxe deu comezo a primeira quenda do Campamento Urbano e Deportivo que o Concello de Tui organiza por terceiro ano consecutivo. Máis de 190 participantes realizarán actividades deportivas e de ocio e tempo libre nas instalacións deportivas municipais tudenses, así como no río Miño e nas inmediacións do Monte Aloia.

Este ano será a empresa Actividades Lúdicas Galicia a que coordine este campamento, empresa galega especializada na realización de campamentos por toda a autonomía, que organizará os diferentes talleres e actividades multideportivas ao longo das tres quendas.

Para o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, o incremento no número de inscricións deste ano indica o bo traballo que se ven realizando nas últimas edicións dos campamentos de verán, e na confianza que os pais e nais tudenses depositan no concello para a realización desta actividade. Así, o concelleiro de Deportes, entende que con estes campamentos se pretende ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral.

1 de xullo de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.