O Burela Pescados Rubén comezará ante os campións a Liga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

Os calendarios de Primeira e Segunda División para a tempada 2014/2015 quedaron configurados trala celebración da Asemblea Xeral de Clubs. O novo balón Kelme Star 15 comezará a rodar coa Supercopa de España na primeira semana de setembro e a Liga Regular comezará en Primeira División o próximo 13 de setembro, mentres que en Segunda farao unha semana despois, o día 20. A Liga regular finalizará o 26 de abril no caso de Primeira, mentres que en Segunda pecharase o 3 de maio.

O sorteo dos calendarios levouse a cabo durante a celebración da Asemblea Extraordinaria na Cidade do Fútbol de Las Rozas, estableceu unha primeira xornada ligueira con encontros espectaculares. O vixente campión de Liga, Inter Movistar, defenderá o seu título na pista do Burela Pescados Rubén e o FC Barcelona desprazarase á cancha do recentemente ascendido Levante UD MD.

PRIMEIRA DIVISIÓN

XORNADA 1. 13/09/2014

Burela Pescados Rubén – Inter Movistar

Magna Navarra – Santiago Futsal

Levante UD MD – FC Barcelona

Palma FS – Aspi Vidal Ribera de Navarra

Umacón Zaragoza – Jaén Paraíso Interior

ElPozo Murcia – Uruguay Tenerife

Marfil Santa Coloma – Azkar Lugo

Peñíscola – Montesinos Jumilla

XORNADA 2. 20/09/2014

FC Barcelona – Burela Pescados Rubén

Inter Movistar – Peñíscola

Montesinos Jumilla – AE Palma FS

Aspi Vidal Ribera Navarra- Magna Navarra

Santiago Futsal – Umacón Zaragoza

Jaén Paraíso Interior – – ElPozo Murcia FS

CFS Uruguay Tenerife – Marfil Santa Coloma

Azkar Lugo FS – Levante UD MD

A Supercopa de España abrirá a tempada 2014/2015. A Supercopa de España será a competición encargada de dar o pistoletazo de saída á nova tempada. O Inter Movistar, campión de Liga, e ElPozo Murcia, subcampión de Copa, loitarán por levantar o primeiro trofeo da campaña nun duelo a ida e volta, que se disputará a primeira semana de setembro.

10 de xullo de 2014 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.