O Burela despediu a tempada co Torneo de Base Memorial Rodrigo Maseda Lozano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Participantes no memorial

Participantes no memorial

A canteira laranxa despediu a tempada co Torneo de Base Fundación Imdecum Memorial Rodrigo Maseda Lozano 2014 que se disputou o pasado fin de semana. O evento congregou ao redor de 400 deportistas que homenaxearon co seu espírito deportivo a memoria de Rodrigo Maseda Lozano. Ademais do aspecto deportivo e social, o Memorial é un claro potenciador turístico da vila burelesa e da Mariña. Nesta edición participaron equipos de Asturias, Valladolid, Madrid, A Coruña, Ourense e, por suposto de Lugo, e A Mariña en particular. 

A representación do Burela Pescados Rubén estaba formada por un equipo benxamín, un alevín, tres infantís, dous cadetes e tamén dous en categoría xuvenil. Nesta última categoría, o Burela Pescados Rubén A proclamouse campión tras derrotar (3-1) na gran final ao UD Rozas Boadilla. Os benxamíns disputaron a final ante o ACD Xove que derrotou aos laranxas por 6-1. Máis aló dos resultados conseguidos a base laranxa gozou dun intenso fin de semana deportivo-social no que compartiron numerosas experiencias para o recordo. 

7 de xullo de 2014 | 20:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.