O baloncesto invadirá Salvaterra do Miño esta fin de semana co Torneo da Raia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSalvaterra de Miño
A-
A+

O vindeiro domingo día 5 de Xullo celebrarase no Pavillón Municipal de Salvaterra de Miño o Torneo Internacional de Baloncesto (TORNEO DA RAIA ). Participan os equipos de Portugal Club Baloncesto de Valença, Club Baloncesto Limiense (Ponte da Lima), os españois Club Baloncesto de Tui e o anfitrión Club Baloncesto de Salvaterra. O número de participantes ronda os 80. A hora do comenzo será as 10:00h cos partidos clasificatorios ata as 14:00h. Pararemos para entregar o almorzo os deportistas. As 17:00h continuaremos coas finales ata as 20:00h que está previsto o seu remate e entrega de medallas.

O evento foi presentado este luns 30 de Xuño na Casa do Concello de Salvaterra as 14:00h coa presenza da Teniente Alcalde Marta Valcárcel, o concelleiro de deportes Ernesto Groba, representantes de UTM e xogadores do Club Baloncesto Salvaterra.

Este torneo quere ser un hermanamento entre estes pobos limítrofes do rio Miño a través do baloncesto. Este torneo e o punto final de tempada do Club Baloncesto Salvaterra, en canto a competicións pero o club non para de traballar . Este verán o Club Baloncesto Salvaterra ten un Campus de Baloncesto en idade escolar no pavillón municipal de Salvaterra de Miño os Martes e Xoves en horario de maña de 9.00h a 12.00h . Representantes do Club Baloncesto Salvaterra, destacaron a importancia deste Torneo internacional , o tratarse do primeiro deste nivel que se celebra na localidade. Insistiu na importancia de apoiar e promocinar o baloncesto e seguir crecendo cada tempada en logros deportivos. O Club, actualmente conta con 40 deportistas de diferentes categorías, benxamin , alevin , infantil e cadete, o que fai que o baloncesto se consolide en Salvaterra e arredores. Ao mesmo tempo agradeceu a tódolos colabores que fixeron posible a organización dunha proba desta envergadura, como UTM, Mercafroita, e o Concello de Salvaterra de Miño .

1 de xullo de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.