O alcalde de Vilagarcía remite á Adeac o informe sobre o vertido de augas residuais na praia de Bamio
O alcalde, Tomás Fole, remitiu hoxe ao presidente da ADEAC –a asociación medioambiental que xestiona en España as concesións de bandeiras azuis- o informe solicitado sobre a contaminación detectada por augas residuais na praia de Campanario-Bamio. No escrito, o rexedor lembra que este areal conta cunha larga serie de análises das augas das augas de calidade excelente, polo que os primeiros sorprendidos pola aparición deste feito puntual de contaminación foron os propios servizos técnicos municipais.
O alcalde subliña que a premura dos feitos, a rápida reparación e a necesidade de avisar aos bañistas –algo que fixeron os socorristas, un a un, ademais de poñer os carteis de advertencia- explican a tardanza en poñerse en contacto coa ADEAC para dar conta do acontecido, situación polo que Tomás Fole solicita disculpas e solicita que se autorice o izado da bandeira, toda vez que as augas xa son aptas dende o día 9.
Para corroborar este feito, o alcalde acompaña o escrito co dictame da xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo-Montenegro, no que se di que os niveis de Escherichia colli e de enterococos intestinais son 42 e 10 ufc por cada 100 ml, niveis “aceptables polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas”.
Por este motivo, segundo o dictame de Sanidade, poden ser retirados os carteis de prohibición de baño. Igualmente, debe manterse a cualificación sanitaria final da auga de baño, que en 2013 foi “excelente”.
O delegado da ADEAC en Galicia, José Palacio, falou hoxe co alcalde, a quen lle adiantou que non ha impedimento para que se ice de novo a bandeira. Con todo, o Concello esperará a que chegue a confirmación oficial e por escrito.











