publicidade hoxe

O alcalde de Soutomaior visita aos participantes nas actividades de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou esta mañá aos nenos que participan nas actividades de verán organizadas polo Concello. Nesta ocasión, os máis de 100 pequenos dos grupos “B” e “C” gozaron dunha xornada de sol e xogos acuáticos no Peirao de Arcade. As actividades continúan esta semana con xogos, talleres, contacontos e visitas ao Zoo de Vigo e ao Karting de Vilagarcía.

Entre mergullos e baixadas polos tobogáns dos castelos pasaron o día. Unha boa maneira de dar a benvida ao verán e ao bo tempo. Grazas á instalación de dous castelos inchables os pequenos puideron refrescarse das altas temperaturas e gozar dun divertido baño en compañía dos seus amigos. Sempre baixo a atenta mirada dos monitores, que se encargaban de que os nenos non collesen frío ou se fixesen dano, os nenos gozaron durante catro horas dunha das actividades de verán que máis gusta.Así o valoraba unouno dos pais que esperaba para recoller ao seu fillo, “é unha actividade distinta e coa que os nenos o pasan moi ben”, afirmou.

As actividades de verán organizadas polo Concello de Soutomaior continúan esta semana con diversas propostas como a visita ao Zoo de Vigo da que gozarán os participantes máis novos, o grupo “A”, este mércores. Tamén destaca a xornada de motor no karting de Vilagarcía da que gozarán este venres os integrantes do grupo “E”, ademais do resto de actividades que se realizan mañá e tarde todos os días da semana. O programa completo de actividades está dispoñible na páxina web do Concello de Soutomaior.

8 de xullo de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.